Refraneiro Galego 1.1
Device: iOS iPhone
Category: Reference
Price: $.99 -> Free, Version: 1.1 (iTunes)
Description:
***NON HAI REFRÁN VELLO QUE NON SEXA VERDADEIRO***
O primeiro refraneiro galego para móbiles!!
Case 10.000 refráns diferentes, unha xoia documental da tradición oral de Galicia, que reúne compilacións e traballos de recollida previos nunha única base de datos accesible desde calquera lugar do mundo cun iPhone ou iPod.
A máis completa colección de refráns e ditos populares da lingua galega, para consultares en calquera momento sen necesidade de estar conectado a internet.
Busca e arquiva os teus refráns favoritos e compárteos na rede por Facebook, Twitter ou correo electrónico. Activa as alertas se queres descubrir un refrán diferente cada día ou cada semana sen ter que abrir a aplicación.
>>>FUNCIONALIDADES:
- Buscar por palabras
- Visualizar refráns de xeito aleatorio
- Compartir os refráns por correo electrónico, Twitter ou Facebook
- Engadir e eliminar refráns favoritos
- Recibir unha alerta cun refrán diferente cada día ou cada semana
- Consultar os case 10.000 refráns en modo offline, sen precisar conexión a internet
>>>Algúns EXEMPLOS de refráns:
- Morte duns, esterco doutros
- Non hai tolo sen idea
- Nunca choveu que non escampara
- O boi solto ben se lambe
- O galego non perde o rego
- O mal entra a brazadas e sae a migalladas
- O mar dá, o mar leva
- Onde non vexas corpo non botes carga
- Por San Matías, andan as noites á porfia cos días
- Por Santa Mariña deixa o sacho e colle a fouciña
- Para comer de vello galiña hai que comer de novo sardiña
- Quen moito escolle mal acerta
- A verdá fura as paredes
- Aos ricos ata lle pairen os bois
- Boa mexada, boa cor e tres figas ó doutor
- Non é o mesmo predicar que dar centeo
- Moito fai quen non estorba
- Pano podre non garda puntada
- Quen non embarca non se marea
- Se queres saber o que é un galeguiño, dálle mandiño
- Urdir e tecer non pode ser
- Zapato burgués, besta de andadura e amigo coruñés, pouco duran todos tres
- Non hai home ruín, sendo a muller boa
- O que ve Ancares, ve tódolos lugares
- O crego onde canta, xanta
- Ninguén corre tras da besta como o dono
- O bailar non é todo dar voltas
- Onde moitos cospen, lama fan
- Anque non durma o ollo, descansa o óso
- Non sabe mandar o que non foi mandado
- De balde andan os cans
- Uns fían na roca e outros cagan na mazaroca
- Calar nunca fixo mal
- Quen calar non sabe, falar non debe
- Honra e proveito non caben a un xeito
- Gaiteiro pago nunca ben toca
- Hai que gardar das risas para as choras
- Non hai atallo sen traballo.
- Quen pariu que arrole
- Para saber de presos, carceleiros vellos
- Non merques de quen mercou; merca de quen herdou, que non sabe o que custou
- En Galicia a fame vén nadando
- Rei é quen rei non ve
- Se o porco voara, non había ave que lle gañara
- Val máis deixar a ruíns ca pedir a bos
- O que achega un, derrámano outros.
- A escote, anque sexa un boi
- A quen Deus quer ben, o vento axúntalle a leña.
- Non hai terra tan brava que non amoleza coa aixada
- O fillo do burro ben sabe ornear
- Predícame, Pedro, predícame, frade, por unha orella me entra, por outra me sae
- Cada labrego sabe onde garda os bois
What's New
Actualizada a base de datos de refráns.
Refraneiro Galego
0 comments:
Post a Comment